CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A diferenza entre medicina e pseudociencia

08/11/2018 - 07:34 h

Co gallo da orde do Ministerio de Sanidade para regular a homeopatía e levala fóra das Farmacias, Ángel Carracedo fálanos desta e outraspseudociencias, é dicir, de produtos que se venden como tratamentos de diferentes doenzas, pero cuxo efecto non foi demostrado de maneira científica (a única maneira correcta e fiable de facelo), e en todo caso, nunca é maior que o efecto do placebo.

Ademais da homeopatía, que non deixa de ser un engano, pero que non causa un dano real,o profesor Carracedo falaranos dos test xenéticos, que algunhas compañías están a vender como predictores dun gran número de enfermidades, e mesmo que se utilizan para orientar carreiras profesionais, deportivas, predicir o éxito do matrimonio e ata a elección de compañeiro de piso (sic). Todo isto sen ningunha evidencia científica que os apoie.

Por último, trataremos os casos máis graves, onde o uso de test xenéticos sen base científica utilízase para aplicar decisións médicas clínicas, co que ademais de estafar aos consumidores, dáselles falsas esperanzas, e aténtase contra a súa saúde física e o seu benestar psicolóxico; o que xa cae dentro do ámbito do delito penal.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí