Galicia por Diante
No día da persoa cooperante, falamos con Raquel Zolle, representante en Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras
A Coordinadora Galega de ONGD ten cooperantes galegos que traballan en Ecuador, Honduras, República Dominicana, El Salvador, Nicaragua, Guinea Bissau... que viven de primeira man as consecuencias sanitarias, sociais, políticas e económicas da pandemia da Covid 19 nestes países.
A cooperante galega Raquel Zolle acércanos á situación que se está a vivir en varios países de Centroamérica-Caribe como membro de Enxeñería Sen Fronteiras.