CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Javier Molano: "As temeridades ao volante son dobremente perigosas: poden provocar unha traxedia e un efecto contaxio"

08/08/2019 - 08:13 h

A DXT chama á prudencia dos condutores para evitar temeridades ao volante, como a que protagonizou unha moza de Negreira ao subir a Internet un video mentres circulaba cunha persoa sobre o capó.

O xefe da Agrupación de Tráfico en Galicia, o Tenente Coronel Javier Molano, advirte de que estas conductas teñen unha dobre perigosisade: poden provocar unha desgraza, pero tamén un efecto contaxio entre os usarios. O que si é que nunca quedan impunes. 

"A difusión dos videos destas condutas por Internet pode dar esa sensación, de que non os van descubrir". 

Para dar coa infratora de Negreira e co rapaz de Ponteceso que cirulaba a 200 quilómetros por hora nunha zona limitada a 80 foi vital a colaboración cidadá.

"Ambos enfróntanse a delitos penais", subliña o Tenente Coronel.

Javier Molano salienta que este tipo de condutas non son habituais na nosa comunidade, pero cando se dan protagonízanas xente nova, que busca o recoñecemento social.

"Cren que están facendo unha proeza e queren amosala. É unha conduta froito da inmadurez".

Sobre o aumento da sinistralidade viaria en Galicia no mes de agosto (con catro mortos en seis días), Javier Molano di que ten sensación de impotencia.

"Logramos frear o incremento dos mortos nas estradas a principios de mes, pero agora, a pesar dos nosos esforzos, non somos capaces de evitar estes sinistros". "No verán sempre hai máis coches nas estradas, máis festas... Só nos queda apelar á conciencia dos condutores".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí