CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Juan Gestal: "As limitacións para o lecer nocturno deben estenderse a todos os concellos"

08/07/2021 - 08:15 h

O epidemiólo Juan Gestal advertiu no Galicia por Diante sobre o risco de que a esixencia de PCR en pubs e discotecas se limite a concellos con alto nivel de restricións. Cré que o lecer nocturno podería desprazarase cara lugares cunha incidencia menor da covid. " A esixencia da Xunta de acreditar un test negativo ou un certificado de vacinación debería estenderse a todo o ocio nocturno. Non limitarse aos concellos que teñen unha incidencia máis elevada. Mozas e mozos deses municipios poden desprazarse cara outros lugares con menos restricións".
Se non se estende a medida a todo o lecer nocturno, non se evita o risco de contaxio
O profesor emérito da USC explicou que, en certas ocasións, a xente nova debería protexerse coa máscara, tamén en exteriores. " O virus acostuma a transmitirse en lugares pechados, pero, no caso dos rapaces, ocorre tamén na rúa, en aglomeracións como as que estamos vendo nos últimos días. Os cadros clínicos da xente nova son máis ben cadros catarrais, rinites importantes, dor de cabeza e muscular, cansanzo. Non hai un compoñente respiratorio como antes. Nos servizos de urxencias estamos vendo cargas virais moi altas, de vinte a oitenta e cinco millóns de partículas virais por milímetro. Son supercontaxiosas, auténticas nubes de virus. Aí, por tanto, sí que sería convinte que os rapaces levasen máscara". 
Juan Gestal recomenda tomar en serio este gromo, "se o virus circula moito, aumenta o risco de que xurdan novas variantes". "Os rapaces poden contaxiar aos seus pais, a familiares próximos, a persoas máis vulnerables. Aínda que con menor frecuencia, eles mesmos poden acabar tamén no hospital, mesmo pode haber falecementos".
Con incidencias tan elevadas, os rastrexos son pouco eficientes. Por riba, hai mozas e mozos que non acuden aos cribados
O doutor Gestal insiste na urxencia de vacinar aos menores de trinta anos logo de que os contaxios se disparasen nesa franxa de idade. "Hai que ver en qué cantidade e cándo chegan as vacinas pero tamén hai que agardar que as mozas e mozos acudan á cita do Sergas. Ainda que a vacinación non ten efectos inmediatos, no prazo dun mes ou mes e medio a situación podería mellorar moito. Así, o curso escolar podería arrancar con unha certa normalidade".
O profesor emérito da USC insiste en que falta tempo para que a pandemia remate. Di que non debemos baixar a garda. " É impensable que nunha situación de pandemia como a que estamos vivindo se fagan viaxes de fin de curso, como a de Mallorca. As mozas e mozos non son os únicos responsables. Tamén ós pais. Neste caso non se pode botar a culpa ás autoridades sanitarias".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia