CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cales son os novos monumentos da Lista do Patrimonio Mundial da Unesco?

08/07/2019 - 11:46 h

Na sección de arte co Barroquista falamos da Lista do Patrimonio Mundial, coñecida de xeito común como Patrimonio da Humanidade. O pasdo domingo día 7 rematou en Bacú (Acerbaixán) o 43º Consello do Patrimonio Mundial da UNESCO que, como todos os anos, incluíu novos sitios e monumentos.

A Unesco declarou Patrimonio Mundial oito sitios culturais, entre eles a paisaxe do Risco Caído e as Montañas Sagradas de España, a Real Obra de Mafra e o Santuario do Monte de Braga de Portugal e os outeiros de vides do "prosecco" de Italia.Tamén se incluíu na lista as igrexas da escola de arquitectura de Peskov, en Rusia, oito obras arquitectónicas do estadounidense Frank Lloy Wright, o observatorio radioastronómico de Jodrell Bank no Reino Unido e o centro histórico de Sheki en Acerbaixán.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí