CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

García Comesaña: "A decisión de non vacinar con AstraZeneca os menores de 60 anos non altera o plan de vacinación da Xunta"

08/04/2021 - 08:33 h

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou que a decisión do Consello Interterritorial de Saúde de vacinar con AstraZeneca só os maiores de 60 anos non altera o plan de vacinación da Xunta, xa que a maioría das doses de AstraZeneca se utilizan para inmunizar a poboación de entre 60 e 65 anos.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', García Comesaña advertiu que ao grupo de traballadores esenciais menores de sesenta anos que estaban citados para vacinarse con AstraZeneca nos próximos días suspéndeselles temporalmente a administración da vacina.
O conselleiro de Sanidade asegura que se trata dun colectivo moi reducido de persoas que a partir de hoxe recibirá unha mensaxe advertindo do aprazamento.

García Comesaña fixo un chamamento á tranquilidade aos cidadáns que están pendentes da segunda dose de AstraZeneca. Asegurou que se están estudando varias opcións e que nas próximas semanas se tomará unha decisión coa máxima evidencia científica.

Julio García Comesaña considera "inaudito" que o Goberno central permita facer deporte pola rúa sen levar máscara de protección. O conselleiro instou onte o Ministerio de Sanidade a modificar o artigo da chamada lei da nova normalidade que permite esta práctica e lembrou que a Xunta recomenda o uso da máscara na vía pública en toda circunstancia.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia