CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Mª Jesús Lorenzana, conselleira de Igualdade: "As manifestacións son importantes, pero temos que traballar 365 días do ano"

08/03/2021 - 08:43 h

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, afirma que a Xunta marca como prioridade manter o sector servizos nesta crise porque é o que máis emprego xera entre as mulleres. Segundo Lorenzana, a independencia económica e laboral das mulleres é un elemento imprescindible para avanzar na igualdade.

"A independencia económica da muller e a igualdade dos dereitos laborais é primordial para conseguir que realmente dentro da sociedade exista unha igualdade entre mulleres e homes. As reivindicacións e as manifestacións son importantes, son símbolos, pero temos que traballar desde os 365 días do ano. Non podemos quedar exclusivamente nas palabras".

"Na Consellería de Emprego temos unha obsesión por manter no máximo posible os negocios de servizos existentes porque iso implica manter o emprego feminino. Implica que as mulleres que estean en ERTE agora mesmo van ter negocios, van ter empresas ás que volver traballar. Iso é o primordial: manter ao máximo o tecido industrial, que en Galicia máis do 90 por cento está constituído por autónomos e por microempresas. Por outra banda, insistir moitísimo nas medidas de discriminación positiva nas políticas activas de emprego".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia