CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Esther Mariño, portavoz de Galegas 8-M: "Hai unha criminalización das reivindicacións feministas"

08/03/2021 - 08:18 h

Unha das portavoces do movemento Galegas 8-M, Esther Mariño, afirmou no 'Galicia por diante' que hai un cuestionamento e unha criminalizacións das reivindicacións feministas desta xornada, despois da decisión do Ministerio de Sanidade de recomendar non organizar manifestacións nin concentracións e despois da Delegación do Goberno de Madrid e da propia xustiza de prohibir esas protestas na capital de España.

"Non é só unha desincentivación. Nós xa levabamos tempo facendo campaña e incluso as nosas mobilizacións estaban comunicadas e, a raíz destas declaracións, si que vimos unha criminalización social. Efectivamente non só serve para que moita xente non só non acuda, senón que á parte hai un cuestionamento público importante que está indo en contra nosa. Notámolo á hora de publicitar ou cousas que nunca nos pasaron, como encararnos incluso cando faciamos publicidade das nosas mobilizacións".

Mariño explicou que no caso de Galicia, onde si haberá mobilizacións, están atopando moitos atrancos por parte das administracións. E puxo como exemplo o Concello da Coruña, que lles prohibiu nun acto colocar na rúa cadeiras para que as asistentes puidesen sentar e así garantir que gardarían as distancias de seguridade.

"Hai constantes atrancos, incluso desde as administracións. Nós facemos unha convocatoria de folga de 24 horas e a Xunta publicou o venres os servizos mínimos, co cal para a organización da folga das propias traballadoras é bastante complicado".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia