CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Lorenzo Amor: "O 70% dos autónomos non poden asumir esta suba"

07/11/2018 - 08:18 h

Os autónomos rexeitan a última proposta do Goberno de subirlles uns 20 euros ao mes a base mínima de cotización á Seguridade Social.

O presidente da Federación de Asociacións de Autónomos, Lorenzo Amor, argumentou no 'Galicia por diante' que o 70% dos traballadores por conta propia non poden asumir ese incremento. "Serían como mínimo 260 euros ao ano para os traballadores por conta allea. Para os autónomos societarios, que en España son cerca dun millón, a suba roldaría os 350 euros. Para que se fagan unha idea, sería como pagar unha cota máis ao ano".

Lorenzo Amor cre que, antes de subir a base de cotización, é necesario mellorar as prestacións sociais. "Inténtasenos vender que os autónomos teñen dereito ao paro, cando o 60% das solicitudes veñen denegadas. Podemos falar da xubilación para dentro de vinte ou vinte e cinco anos, pero o máis urxente é facerlles fronte aos pagos todos os meses".

O representante da Federación de Asociacións de Autónomos di que o máximo que están dispostos a asumir é a actualización das cotas. Lorenzo Amor adiantou no 'Galicia por diante' que "a próxima semana lle van propoñer ao Goberno unha suba media dentre o 1,25 e o 1,5%, similar á que se vén aplicando nos últimos vinte e cinco anos". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí