CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Dous premios Ada Byron para mulleres galegas

07/06/2019 - 07:36 h

A figura de Ada Byron, considerada a primeira programadora da historia, dá nome con frecuencia a premios que se outorgan a figuras actuais de relevancia no mundo da tecnoloxía. É o caso de Ana Freire e Mónica Fernández, galardoadas respectivamente pola Universidade de Deusto e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Ambas, ademais de galegas e grandes profesionais, son impulsoras de iniciativas orientadas a atraer ás rapazas aos eidos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas): o concurso internacional Wisibilízalas, no caso de Ana, e a iniciativa neoiorquina WISE Women, no caso de Mónica.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí