CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O Nobel de Química Bernard Feringa visita Galicia

07/05/2019 - 07:34 h

Empezamos por comentar a visita a Galicia de Bernard Feringa, Premio Nobel de Química 2016, a quen convido co Programa ConCiencia. Feringa levou o Nobel por ser o construtor do primeiro motor molecular.

Unha nova da guerra científica A China-EUA: Os principais centros de investigación do cancro dos EUA acaban de expulsar varios investigadores chineses polo que viría sendo unha certa espionaxe científica. Por certo, A China está facendo algo semellante ao da ruta da seda tamén coa ciencia, intentando ser tamén polo de referencia para moitos países.

Seguindo no extremo oriente, O Xapón xa está a piques de autorizar terapias con células nai para a rexeneración de córneas (lembremos que hai unhas semanas falabamos da aprobación de algo semellante para lesionados medulares).

Traemos un estudo que indica que o 31% de todo o CO2 xerado polo home é absorbido polos océanos. Neste contexto, novas simulacións con superordenador presentadas hai poucos días revelan un notable empeoramento nas perspectivas de quecemento global.

Ao mesmo tempo, de xeito accidental, a través de sensores mariños dedicados a outra cousa, acábase de ter o primeiro rexistro histórico do aumento masivo en contaminación por plásticos. Comentaremos unha autopsia máis dunha balea morte con quilos de plástico no seu bandullo.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia