CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cando o herdeiro dos Médici chegou a Galicia

07/03/2019 - 11:47 h

Imos viaxar ata o 12 de marzo de 1669 en Santiago de Compostela. Cosme III de Médici, herdeiro da coñecida familia Médici de Florencia, deixou as estampas máis bonitas das cidades galegas do século XII durante a súa viaxe por Galicia.

O herdeiro viaxaba cunha corte de 40 persoas, entre eles: serventes, cociñeiros, cronistas, pero tamén un pintor, engarcado de ilustrar as cidades polas que pasaban. Entraron por Tui, seguiron por Pontevedra, Padrón e chegaron ata Santiago e A Coruña.

Do norte da peninsula ibérica conservamos moi poucas imaxes porque era unha zona esquecida por pintores, artistas e polo poder. De aí que estas ilustracións teñan un gran valor histórico e cultural, pois son moi poucas as imaxes que temos do Santiago antigo, antes da súa época barroca, a cidade previa á fachada do Obradoiro, ao Pazo de Raxoi.

É curioso que o pintor representou un día de chuvia e temporal en Santiago, moito antes de que se popularizasen os tópicos sobre a cidade.

O parque de Santa Susana e a Alameda foron uns dos primeiros parques públicos de Europa, posto que pertenen ao Concello de Santiago dende o século XVI.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí