Galicia por Diante
Convenios universitarios en Sudamérica: entre o Erasmus e a Ruta Quetzal
No #CuartoMillennial desta semana cruzamos o Atlántico para coñecer máis dos convenios bilaterais coas universidades sudamericanas. Aínda que o Erasmus segue sendo o programa favorito, nos últimos anos medrou o número dos rapaces que escollen estes plans, recuperando tamén o espíritu da Ruta Quetzal.
Falamos con Pedro -Erasmus primeiro en Italia e nos últimos meses en Santiago de Chile-, con Sara -estudante de Medicina en Buenos Aires, e Malena, que despois de vivir en México e Brasil está agora nos Estados Unidos.
A forma de viaxar por Sudamérica pouco ten que ver coa europea: viaxes de 20 horas en autobús e macutos para poder percorrer este enorme continente.