CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Juan Cividanes, director do IGAPE: "Para marzo abriremos unha oficina no RU para axudar as empreas galegas"

07/02/2020 - 08:21 h

A Xunta vai abrir en marzo unha oficina no Reino Unido para atende-las dúbidas das empresas galegas afectadas polo Brexit. Díxoo no Galicia por diante o director do IGAPE, Juan Cividanes, despois de recordar que onte se aprobou o "cheque Brexit", unha liña de axudas para que as empresas poidan cubri-los gastos que lles supoña a saída do Reino Unido da Unión Europea.

"Temos xa aberta unha liña de consulta no IGAPE, en Santiago. E imos abrir cara o mes de marzo esa oficina no Reino Unido para que poida axudar a todas as empreas galegas en calquera consulta sobre o Brexit".

Cividanes insistiu en que as empresas galegas deben diversificar os mercados e aumentar as súas vendas en países que agora son "unha oportunidade. E citou expresamente toda África, A China ou a India.

"África é un continente de oportunidades. Vimos de abrir unha oficina en Marrocos no mes de xaneiro. É un dos países que están presentando incrementos, o mesmo que A China e outros países que teñen moitas oportunidades, por exemplo, A India".

"Cando hai unha diversificación nas vendas, o que pode pasar nun país perde importancia. O conxunto de empresas galegas poiden seguir medrando nas súas exportacións ó conxunto de países".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia