CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Néstor Rego (BNG): "Esperamos que se apliquen os descontos na AP-9 en canto haxa orzamentos"

07/01/2020 - 08:10 h

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, confirmou no 'Galicia por diante' que volverá apoiar a investidura de Pedro Sánchez. Tamén explicou os compromisos aos que chegou a formación nacionalista co PSOE a cambio do seu voto favorable, e que todos eles dispoñen dun prazo de execución.

Algúns deles, como a bonificación das peaxes da AP-9, dependerán da aprobación do documento económico. "Comezarán a aplicarse xa cando haxa przamentos, porque é preciso a partida presupostaria para poder facelo".

No caso das transferencias pendentes para Galicia, Rego anunciou que a comisión será convocada "no primeiro trimestre" para "transferir a totalidade das competencias incluídas no Estatuto e as que foron obxecto de reclamación do Parlamento" galego das que, dixo "nos dez anos de Goberno Feijóo, non houbo ningunha transferencia".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia