CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O peor ano da historia

06/12/2018 - 07:50 h

Hoxe Ángel Carracedo vaino falar do peor ano da historia. Non foi un ano asolagado por unha plaga coma a peste nin tampouco foi un ano quebrado por unha guerra mundial. O peor ano da historia da humanidade foi o ano 536, e foino por un desastre natural, a erupción dun gran volcan en Islandia sumiu Europa, Oriente Medio e partes de Asia en case completa escuridade, con temperaturas medias no verán de 2 grados.

A todo esto seguiu un gran período de fame e por suposto, de enfermidade. Esto podémolo saber agora con esta enorme precisión grazas á ciencia, e a o estudo micrométrico do xeo dos glaciares, que revelan a persenza de partículas volcánicas. Como curiosidade, a recuperación económica que se viu posteriormente a esta época escura (literalmente), tamén se ve reflexada no xeo pola presenza de prata e outros metais, que son testemuñas eternas da presenza de moedas en circulación, cuxos átomos pasan a atmósfera e se depositan logo no xeo.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí