CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os avances nas lesións medulares

06/11/2018 - 07:33 h
Nesta entrega da sección de ciencia do "Galicia por diante" facémonos eco do descubrimento, anunciado na revista "Nature" hai poucos días, dunha técnica que lles fai recuperar a paralíticos certa capacidade de camiñar, a través dunha estimulación da medula espiñal.

Falaremos tamén de astrofísica, con dúas novas. Primeiro, o cesamento de actividade da sonda espacial Kepler, tras 9 anos de vida e tras atopar miles de planetas fóra dosistema solar. Segundo, a recuperación do nome do crego belga Georges Lemaitre para a identificación da lei que describe a expansión do Universo.

E unha novidade técnica no eido da química orgánica, anunciada hai poucos días, que permite obter como están colocados os átomos dunha estrutura de interese a través de medidas en pequenas cantidades.

Remataremos cun manifesto publicado por varios Premios Nobel europeos, alertando dos efectos do Brexit sobre a ciencia.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí