CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Tomás Fernández Couto: "A previsión é que ata o domingo se vai manter a actividade incendiaria"

06/09/2019 - 08:04 h

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández Couto, cre que os incendios forestais van ser unha constante, como mínimo, ata o domingo: o vento do nordés e o bo tempo fan prever que así sexa.

Nunha entrevista na Radio Galega, Fernández Couto apuntou que os incendios activos desde onte, como os de Monforte e Porto do Son, están controlados. Preocúpanlle máis os 16 novos incendios que xurdiron esta noite, especialmente un dos que afectan a Fisterra, onde o vento é especialmente forte.
O director xeral amosouse convencido de que a práctica totalidade dos lumes activos foron provocados: "É palmario. Que de repente apareza nordés e de noite empecen a combustionar de forma voluntaria os nosos montes en determinadas zonas de Galicia".

Fernández Couto fixo un chamamento á cidadanía para que denuncie os incendiarios e lembrou o teléfono que existe para facelo de forma anónima: é o 900 81 50 85.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí