Galicia por Diante
Falece unha muller tras incendiarse a súa vivenda en Arteixo
Unha muller de 60 anos faleceu tras incendiarse a súa vivenda pasadas as 4 da madrugada. Ocorreu na parroquia de Vilarrodís, en Arteixo.
Ao entrar, os bombeiros atoparon o corpo da muller xunto con montañas de lixo acumuladas pola casa.