CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Valedora do Pobo advirte de que "se está aplicando un concepto restritivo de violencia de xénero para computar as vítimas, que son máis"

06/08/2019 - 09:03 h

María Dolores Fernández Galiño asegura que é preciso poñer o feminismo no centro de debate porque a discriminación contra a muller é sistémica, sucede en todo o mundo e ten un efecto multiplicador doutras discriminacións, xa sexa por raza, idade ou por pobreza.

No Galicia por diante, a Valedora do Pobo salientou que a forma máis brutal desa desigualdade é a violencia machista. Fernández Galiño lembrou que máis de mil mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas dende 2003, cando se iniciou o rexistro oficial. Pero a Valedora cre que en realidade son moitas máis. Segundo afirma, "estase aplicando un concepto restritivo para computar esas vítimas, que son máis".

Destacou que hai vítimas "que se escollen aleatoriamente por ser mulleres, non hai unha relación previa entre o asasino e a vítima e esas non computan como violencia de xénero, pero son violencia de xénero".

María Dolores Fernández Galiño asegurou que tamén as violacións, as violacións en grupo, a sextorsión, e os enganos pederastas en Internet son violencia machista. 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí