Galicia por Diante
O trastorno do espectro autista (II)
Hoxe Ángel Carracedo cédenos o espazo para falar con Julio Rodríguez, doutor en Medicina molecular, adxunto de diagnose xenética da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, sobre unha publicación recente e moi interesante da prestixiosa revista científica Cell. Nela, científicos do California Institute of Technology demostran que trasplantes de microbioma intestinal de persoas con autismo provocan os síntomas máis característicos do autismo -déficits na sociabilidade e na comunicación verbal e gran número de comportamentos repetitivos- en ratos que tiñan anteriormente un comportamento totalmente normal.
Ademais, descobren que este transplante de microbioma afecta a expresión e edición xenética de xenes no cerebro do rato, moitos dos cales xa se demostraran como asociados ao autismo.
Finalmente, analizan os metabolitos que son diferentes nos ratos transplantados con comportamentos autistas, e os que non, e utilízanos para tratar a outros ratos modificados xeneticamente para que presenten trazos autistas, conseguindo que estos se reduzan. Un traballo cuns resultados moi esperanzadores e que resulta un avance máis cara o tratamento do autismo en humanos.