Galicia por Diante
Ringleiras en Balaídos para conseguir unha entrada para o Celta-Sevilla: "Gañaremos 1-0, gol no 80 con final épico"
Despois dos erros na páxina web do R. C. Celta para conseguir algunha das invitacións dende o martes, ducias de afeccionados celestes agardaban hoxe en Balaídos para ter unha entrada para o Celta-Sevilla deste domingo.
Un deles foi o cangués Samuel Pousa, quen despois de 2 horas nas ringleiras puido levar seis entradas cos seus abonos: "Gañaremos 1-0, gol no 80 con final épico".