CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os avances en intelixencia artificial

06/02/2019 - 07:35 h

Neste espazo de divulgación con Marcus Fernández falamos das novidades en intelixencia artificial. Esta semana fíxose pública a nova de que unha intelixencia artifical rematara a oitava sintonía de Schubert, coñecida como a 'Inacabada'.

Con este avance ábrese un debate sobre as posibilidades dos algoritmos. A creación musical é un seguimento dunha serie de pautas, máis que un produto da xenialidade, así que se unha máquina está programada para seguir certas liñas, tamén pode compoñer cancións.

É evidente que os ordenadores saben imitar as persoas, outra cousa é chegar a ser coma nós. Os seres humanos compórtanse de forma mecánica nalgúns aspectos da súa vida, pero noutros empregan a creatividade e outras características que son difíciles de copiar.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí