CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Galicia debería ter a mesma hora que Portugal?

05/12/2018 - 11:05 h

É racional o cambio estacional de hora en Europa? É racional eliminar esa medida, aplicada durante décadas? Se se suprime o cambio estacional de hora, con cal quedar? Co de verán ou co de inverno? Que ocorrería se Europa perdese a súa estabilidade e coordinación horaria?

A resposta e as decisións que se tomen baseándose nela afectarán todas as persoas do espazo común europeo, sen excepción. A cuestión é, pois, relevante, e a súa resolución esixe unha reflexión pausada polo miúdo, que debe ser tomada logo de adquirir un coñecemento previo dos factores que inciden nela.

Nunha xornada que se celebrou no Consello da Cultura Galega preténdese proporcionar ese coñecemento, a través das exposicións de expertos. A achega á que aspira a xornada é facerlles posible aos asistentes responder con solidez argumental á pregunta que lle dá título.

Neste 'Galicia por diante' contamos con Jorge Mira, físico, investigador e divulgador científico; e Rui Jorge Agostinho, director do Observatório Astronómico de Lisboa, profesor de Astrofísica e Astronomía da Universidade de Lisboa e redactor do informe sobre o cambio estacional de hora para o goberno de Portugal, informe que foi asumido polo primeiro ministro Antonio Costa.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí