Galicia por Diante
Valentina Martínez, secretaria de RRII do PP: "Deberiamos chegar a acordos e non someter outra vez a un estrés electoral"
Valentina Martínez Ferro, secretaria de Relacións Internacionais do PP: "Deberiamos chegar a acordos e non someter outra vez a un estrés electoral toda a poboación".
A secretaria de Relacións Internacionais do Partido Popular aplaude que o rei inste os partidos políticos a chegar a acordos para evitar a repetición das eleccións xerais. Valentina Martínez destacou no Galicia por diante que as formacións políticas teñen a responsabilidade de pactar para garantir a investidura do presidente do Goberno. Martínez amosouse contraria a someter o país a un "estrés electoral" que, segundo dixo, tería repercusións económicas.
Martínez Ferro apuntou que, se finalmente Pedro Sánchez convoca eleccións, "a sala de máquinas do PP" está preparada para unha campaña electoral e para novos comicios.
A secretaria de Relacións Internacionais do PP sostén que só a Alberto Núñez Feijóo lle corresponde tomar a decisión sobre a súa candidatura á reelección nas eleccións autonómicas do ano que vén. En todo caso, Valentina Martínez cre que esa é a única opción que manexa a dirección do partido.