CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

UXT de Alcoa: "Queremos que o Goberno evite o peche das fábricas"

04/12/2018 - 08:15 h

Os sindicatos de Alcoa pídenlle á multinacional solucións concretas para evita-los despedimentos nas factorías da Coruña e Avilés.

O delegado de UXT na planta da Coruña, Juan Ramón Paseiro, dixo no "Galicia por diante" que acoden esperanzados á reunión convocada para esta tarde en Madrid con representante da multinacional e do Ministerio de Industria. "Agardamos que Alcoa demostre con feitos concretos que está desexosa de constituír a mesa negociadora para empezar a falar de como evitar os despedimentos. Que traia propostas e dea marcha atrás na súa idea de pechar as fábricas. Imos a Madrid esperanzados, pero só cabe falar da maneira de evitar a destrución depostos de traballo".

Juan Ramón Paseiro engadiu que, pase o que pase na reunión, os sindicatos non abandonarán a negociación. "A reforma laboral obriga aos sindicatos a seguiren na mesa de traballo, a negociaren de boa fe, por tanto, independentemente do resultado, temos que seguir negociando. Evidentemente, exporemos os nosos argumentos. Alcoa non está dicindo a verdade neste procedemento. O certo é que o aluminio ten futuro, estamos falando dun sector estratéxico. O único que lle interesa á multinacional é quedar co mercado español a conta depechar as nosas factorías".

O delegado da UXT na planta coruñesa recoñeceu que a falta de avances non é unha boa noticia para os traballadores. "Claro que non é unha boa noticia que, despois de corenta e seis días, do anuncio de Alcoa de pechar dúas fábricas non haxa ningún acordo en firme, e máis sabendo que a mesa ten trinta días de período de consultas que rematarán o 27 de decembro. Juan Ramón Paseiro cre que vai sendo hora de que a Xunta e, sobre todo o Goberno central, tomen medidas e impidan que Alcoa arrase cun sector estratéxico tan importante comao do aluminio".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí