Galicia por Diante
As eleccións europeas e a ciencia
Acaba de anunciarse o descubrimento dun material supercondutor, que conduce a electricidade sen ningún tipo de resistencia se é arrefriado por debaixo de -23ºC. Pode parecer moito frío, pero trátase dun récord absoluto, todo un avance. Para conseguilo, hai que sometelo a unha presión dun millón de veces a da nosa atmosfera.
Un breve comentario sobre as eleccións europeas: Science recolle que a ciencia europea se sente aliviada tras as eleccións, e vaticina un posible incremento de partidas orzamentarias para tecnoloxías respectuosas co medio ambiente (os verdes e liberais aumentaron cota no Parlamento).
No noso seguimento das leas científicas A China-EUA, agora aparece algo así como unha caza de bruxas: un físico norteamericano acusado de ter mentido sobre a súa relacion co "programa 1000 talentos" da China, un programa do Goberno chinés para captar talento exterior. Detrás de todo isto está a sospeita das autoridades dos EUA de que este programa podería ser un vehículo do goberno chinés para cobrar vantaxe de investigación financiada polos EUA.