Galicia por Diante
Que ocorre se deixamos de sentir medo e dor?
Ángel Carracedo fálanos da xenética do medo e da dor a partir de dous casos curiosos que saíron á luz grazas a investigación xenética. Nun deles, unha muller cunha rara mutación xenética que provocaba que a súa amigdala cerebral estivese danada era incapaz de sentir medo.
No outro caso, tamén unha muller, cunha mutación no xene FAAH, que codifica para un enzima encargado de degradar a anandamida, facía que esta muller tivese altos niveis de anandamida, un neurotransmisor relacionado coa felicidade e o optimismo, polo que esta muller tiña, literalmente, unha sobredose desta molécula, e por iso non sentía a dor.
Pero estes dous casos, que poden parecer moi vantaxosos, realmente non o son, porque o medo e a dor existen precisamente para protexernos dos perigos e do que nos fai dano. Estas dúas mulleres, ao non sentilos, tiñan máis riscos de padecer accidentes no día a día, accidentes que, en ocasións, poden ser graves.