Galicia por Diante
Eladio Santos e Víctor López presentan 'Ondas indies', o novo programa de Radio Galega Música
Son unha das voces máis destacadas do noso indie e o noso especialista no RC Celta. Eladio Santos e Víctor López falan con nós o día da estrea de Ondas indies, o novo programa de Radio Galega Música.
O cantante e o xornalista vigueses estarán acompañado por outro dos Seres queridos, Marcos Vázquez; Ari Magritte e Paco Lamilla; cada mércores dende as 23 horas.