Galicia por Diante
Os maiores tamén xogan con videoxogos
A túa avoa non xoga a videoxogos? Probaches a aprenderlle? O xoves 25 de abril celebramos o Día Internacional das Nenas nas TIC, outra iniciativa -desta volta impulsada pola ONU- para achegar o mundo dixital ás novas xeracións de rapazas. Pero... e as súas nais, e as nosas avoas? Moitas veces prevalece o tópico (que elas mesmas interiorizan) de que a tecnoloxía non é para elas, de que non se lles dá ben. Certamente ás veces a propia tecnoloxía non axuda, pero o número de avoas "gamers" vai en aumento... que é o que leva a esas mulleres de avanzada idade a pasar horas e horas neses mundos virtuais?