CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A primeira serie en galego chega a Netflix

03/04/2019 - 07:35 h
Na sección de #tecnoloxía con Marcus Fernández falamos sobre o estreo de O sabor das margaridas en Netflix, polo que se converte na primeira serie en galego da plataforma.

Google pecha goo.gl, Inbox e Google+. Apple trae a Europa o electrocardiograma do Apple Wach series 4 e cancela a súa base de carga AirPower.

E no que se refire ao acceso á Rede, temos que R anuncia que mellorará as conexións a 350 Mbps (que pasarán a 500 Mbps) e podemos aproveitar para falar algo do Wi-Fi en malla, xa que Vodafone comeza a comercializalo como servizo (chámalle Super WiFi) e TP-Link tamén lanzou un kit relativamente económico de 3 unidades.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia