Galicia por Diante
Cales son os retos científicos do 2019?
Hoxe Ángel Carracedo fálanos do que nos deparará a ciencia no 2019, de cales serán os fitos científicos que se intentarán conseguir no ano que xa comeza.
Dende a edicion xenética segura e sen riscos ata un novo paso para intentar atallar o cambio climático, pasando polo notable incremento do investimento en investigación científica que fará A China, a resolución do quebracabezas da árbore xenealóxica humana ou a posta en funcionamento do radiotelescopio máis grande do mundo.
A ciencia no 2019 seguirá intentando incrementar o coñecemento e solucionar os serios problemas que afectan tanto o ser humano en particular coma o resto do planeta Terra.