Galicia por Diante
A Policía Nacional, no día do seu patrón: "Sempre son necesarios máis efectivos, pero en Galicia estamos satisfeitos"
O 2 de outubro, día dos Santos Anxos Custodios, a Policía Nacional celebra o día do seu patrón achegándose á sociedade.
En Lugo, Ruth Lodeiro fala con Manuel Arias, subinspector da Policía Nacional na cidade. O axente é tamén o responsable das relacións cos medios e leva máis de 20 anos no corpo, rotando por toda España.
Arias destaca que Galicia é unha das comunidades cos índices de criminalidade máis baixos de España, que xa son baixo respecto aos de Europa.