CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cataluña, despois do 1-O

02/10/2019 - 07:41 h

Onte, a esta hora, nin eu nin ninguén se atrevía a dicir o que podía pasar. Había un pouco de medo ao que puidesen facer os CDR, que a xente se botase á rúa para reclamar a república catalá e non sei cantas cousas más. Foi pasando o día, non pasaba nada, os coches circulaban polas rúas e as estradas, pero aínda faltaba a manifestación de Barcelona e as concentracións noutras cidades e aínda pensabamos que, coma noutras ocasións, aparcerían os antisistema e romperían escaparates e mobiliario urbano. E non pasou nada diso. O apreteu de Torra non funcionou e as chamadas de Puigdemont dende Waterloo, que quixo ser a estrela invitada a distancia, tampouco foron moi escoitadas. Mirando á reacción popular, pódese falar de picada. Se na manifestación da Diada houbo catrocentas mil persoas menos, na do anversario do 1 de outubro quedou nun dez por cento: 18.000 asistentes fronte aos 180.000 de hai un ano na mesma data.

Polo tanto, para xulgar o que pasou hai que distinguir as palabras dos feitos. As palabras foron altisoantes. Torra falou de seguir ata independencia sen escusas. Os demais independentistas tamén trataron de quentar as masas. Os feitos son os que se reflicten nas cifras que acabamos de repetir. Que está a pasar? Pois supoño que a xente empeza a estar cansada de tanta leria. Empeza a estar aburrida de que lles prediquen tanto a república e que a república non chega nin se espera, e pensa que non vale a pena molestarse. Pode ocorrer tamén que onte era xornada laboral, e a xente maniféstase cando é festivo, como unha parte máis do día de descanso. En vez de ir tomar unhas cervexas, vai á manifa, que é máis barata.

O esforzo queda aprazado, supoño, para a benvida á sentencia do Supremo. Esas chamadas á desobedencia masiva, a parar o país, a crear o caos quedan relegadas para ese día, e xa está convocada polos sindicatos independentistas unha folga xeral. Esa reacción tan preparada e convocada será a que confirme ou desminta o que dixo Pedro Sánchez: que o independentismo está embarrancado.

E unha última anotación sobre os Mossos d’Esquadra. Pablo Casado vén pedindo que se aplique a Lei de seguridade nacional e que o Goberno tome o mando da policía autónoma. Onte non se viron razóns, porque os Mossos estivieron onde tiñan que estar e fixeron o que tiñan que facer. As medidas de dureza, benquerido Valiñas, teñen que esperar.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí