CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Miguel Conde: "Os traballadores de Alcoa non van ratificar o acordo de venda a Parter Capital"

02/07/2019 - 08:03 h

O representante de Comisións Obreiras no comité de empresa de Alcoa na Coruña asegura que os traballadores non van ratificar o acordo de venda a Parter Capital.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Miguel Conde afirmou que, malia as presións da multinacional para que lle dean o visto bo a esa venda, os empregados non se van pronunciar.

Conde agradeceu o apoio da ministra de Industria en funcións, pero instouna a sacar adiante o estatuto para as empresas electrointensivas, como garantía -dixo- de que os empregos continuarán máis aló de dous anos. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí