Galicia por Diante
O descubrimento do obxecto máis afastado do sistema solar
Nesta sección de divulgación con Jorge Mira comezamos no espazo, porque se acaba de descubrir o obxecto máis afastado ata o momento do sistema solar. Está tres veces e media más lonxe de nós ca Plutón.
Seguindo no espazo exterior, e como se nos ve dende alí: investigadores da área aeroespacial detectan sinais de actividades de escravismo na India a partir de imaxes de satélite.
Tamén comentamos o resultado do informe da comisión de expertos do Goberno para a reforma da hora oficial e felicitamos a un físico da USC que investiga as interaccións entre os quarks (os constituíntes de protóns e neutróns) e os gluóns (as partículas que pegan eses quarks), por acadar unha das axudas de investigación máis prestixiosas da UE.