CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

De Escocia a Galicia polo Camiño de Santiago

01/02/2019 - 10:06 h

Galicia será o territorio convidado do programa Showcase Scotland 2019, que se vai desenvolver ao amparo da 26ª edición do Celtic Connections de Glasgow (Escocia), un dos festivais musicais de inverno máis relevantes do panorama internacional e o máis destacado no apartado de sons celtas.

A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsa esta iniciativa para garantir a actuación de seis grupos ou solistas galegos como parte desta programación, que ten lugar dende o 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro. Está aberta tanto a público xeral como aos delegados internacionais acreditados.

Neste Galicia por Diante entrevistamos ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Tamén falamos coa empresa Tee Travel. Unha axencia de viaxes especializada en senderismo, cicloturismo, enoturismo e gastronomía.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí