CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ánxeles Vázquez: "Galicia aspira a conseguir a neutralidade climática en 2050"

30/11/2019 - 08:37 h

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explicou nunha entrevista na Radio Galega que a nosa comunidade aproveitará o Cumio do Clima, que arranca o luns en Madrid, para presentar a súa Estratexia de Cambio Climático e Enerxía. Trátase dun plan con 170 medidas que marca como obxectivo acadar a neutralidade climática en 2050.

Ánxeles Vázquez dixo que é un plan pioneiro en España, en cuxa elaboración participaron case 400 persoas, que abrangue tódolos sectores. A idea, subliñou, é facer compatible a actividade económica co coidado ao medio ambiente. E Galicia, engadiu, atópase nunha situación privilexiada para conseguilo grazas á súa orografía, que permite a aposta polas enerxías renovables, e aos seus bosques, que absorven o dióxido de carbono.

Segundo os datos que aportou a conselleira, Galicia emite case 28 millóns de toneladas de CO2 cada ano. Representa o 8% das emisións de toda España.