CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ana Valín transforma o conto de 'Alicia no país das marabillas' para relatar en verso as súas depresións posparto

30/04/2023 - 11:04 h

Ana Valín García é a autora de 'La muerte de Alicia (o el ocaso)', un poemario en que parte do conto de Alicia e o país das Marabillas para darlle unha reviravolta completa e compartir as súas depresións posparto. A maternidade, as dúbidas, o sentimento de culpabilidade e a homenaxe á nenez son algúns dos temas que están neste libro e tamén na emotiva conversa que mantivemos coa escritora. 

"Eu non era capaz de falar de como me sentía, nin sequera coa miña familia. Por iso escribín este libro"

"Decapitei a Alicia nunha homenaxe á nenez"

"A miña filla pediume un irmán durante un tempo. Cando viu como estaba, ela díxome que era pola súa culpa. Aí foi cando eu comecei a reaccionar"