CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Usar a risa para axitar cabezas no Encontro Mundial do Humorismo da Coruña

30/04/2023 - 09:32 h

O Encontro Mundial de Humorismo da Coruña (EMHU) encherá de risa a cidade herculina ata o vindeiro 7 de maio. Por alí pasará a comedia de Silvia Abril, Carolina Iglesias, Dani Rovira, Eva Soriano e moitas outras.

Este domingo preestréase alí a película 'Amigos ata a morte', dirixida polo galego Javier Veiga. Conversamos con el sobre este filme que antes foi obra de teatro, pero tamén sobre as cousas que nos fan rir e como iso vai mudando. Súmase á conversa o mago e cómico Luis Piedrahita, director artístico do EMHU.