CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Kepa Junkera volveu a Fisterra, o lugar onde fixo soar a música por última vez antes dunha parada obrigada

29/04/2023 - 11:20 h

As últimas pezas que tocou Kepa Junkera en concerto antes de sufrir un ictus foron na Costa da Morte no ano 2018, concretamente en Fisterra. Estes días volveu a ese lugar para presentar un libro e un documental: nas páxinas de 'Berpiztu' e nas imaxes de 'Kepa Junkera Renacer'  descubrimos a súa traxectoria. 

Kepa Junkera adora Galicia, e por iso escolleu para a presentación destas obras este lugar, o hotel Bela Fisterra, onde sempre se hospeda. Pepe Formoso é o responsable do establecemento. Con el coñecemos como están pasando estes días.