CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Conde Pumpido celebra o peche da instrución do caso Garañón

28/09/2019 - 08:28 h

Nunha entrevista na Radio Galega valorou que sexan outros actores quen se vaian pronunciar, xa que agora serán a Fiscalía e a Audiencia Provincial de Lugo quen decidan se a causa vai a xuízo. De Lara mantén as acusacións contra Besteiro e o exalcalde López Orozco por supostos delitos contra a ordenación do territorio, prevaricación, tráfico de influencias e falsidade documental.

Ademais, para o anterior líder do PSdeG, que era concelleiro de Urbanismo cando se concedeu a licenza para os polémicos edificios do Garañón, en Lugo, engade os de suborno, branqueo de capitais, negociación prohibida e abuso da función pública na adquisición da súa vivenda.