Galicia por Diante Fin de Semana
A Xunta prevé reducir nun 80 por cento as emisións de gases de efecto invernadoiro no ano 2050
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, asegurou esta mañá nunha entrevista na Radio Galega que a vindeira semana o goberno galego presentará a Estratexia galega contra o cambio climático 2050. Asegurou que "Galicia ten como obxectivo reducir estes gases nun 25% no ano 2030 e un 80% no 2050 e deste xeito adiantámonos ao propio Goberno español, que aínda non ten definidas as súas liñas de actuación".
Con todo, a conselleira pide a colaboración cidadá e tamén das administracións locais, lembrando que de momento son 147 os concellos interesados en formar parte do Pacto dos alcaldes polo clima.