CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Delitos e faltas e como reclamar en aloxamentos vacacionais

21/07/2019 - 11:31 h

Nestas datas, unha parte importante da poboación está pasando uns días de vacacións ou ben están a piques de empezalas ou rematalas; algúns elixiron para o aloxamento un hotel ou ben un apartamento de uso turístico, que hoxe en día está tan de moda, pero moitas veces o sitio elixido non cumpre as nosas expectativas porque a falta de hixiene é importante, as instalacións non se poden usar ou porque os ruídos non nos permiten descansar pola noite. Pero ás veces o problema pode ser incluso maior cando existen problemas coa reserva que fixeramos, sobrecustos nos servizos que non estaban indicados cando se fixo a reserva, ou non figurar a nosa reserva, cuarto con cama supletoria que non existe... 

Como reclamamos antes estas circunstancias? Que acontece se contratamos pola nosa conta ou o facemos a través de intermediarios? Resolvemos estas dúbidas coa axuda da nosa colaboradora, a avogada Eva Castaño. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí