CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Málaga, Porto Rico e Bogotá, nas 'Historias peregrinas'

21/07/2019 - 10:27 h

Deixámosvos nesta sección algunhas das historias peregrinas das últimas semanas, que aínda non coñecedes. 

En días pasados descubrimos no camiño a Cris, unha ferrolá de nacemento e malagueña de adopción. Hai xa 31 anos que deixou os aires do norte polo calor do sur. Para ela vivir esta experiencia é como abrir un libro cheo de recordos que a devolven á súa nenez.

E tamén paramos na última etapa do Camiño a Luci, unha muller que chega desde unha vila preto de San Juan de Porto Rico compartindo esta andaina cos seus compañeiros de traballo. Segundo nos comenta, esta experiencia está fortalecendo todo o equipo.

Por último, coñecemos nesta entrega a Cristian, que chega da capital de Colombia. Decidiu facer o Camiño na compaña da súa muller e unha amiga, para fuxir do ruído e o estrés da vida nunha grande urbe como Bogotá.


 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí