Galicia por Diante Fin de Semana
Pedro Rascado, coordinador do Plan Nacional de Contixencias para as UCI: "Non creo que os colexios sexan os que provoquen os problemas de contaxio"
Pedro Rascado, coordinador do Plan nacional de Contixencia para as UCI, intensivista do Clínico de Santiago e membro do Comité de Educación que asesora á Xunta en materia docente, asegura nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana que a situación de contaxios nos colexios é a "esperable".
"Non creo que os colexios sexan os que provoquen os problemas de contaxio", argumentou, para logo engadir que "nos colexios hai protocolos, temos profesionais magníficos, os profesores que van facer e están facendo todo o esforzo para poñer en marcha todos os protocolos. A situación é para pensar que non vai haber problemas con esas circustancias".
Respecto á evolución da pandemia en Galicia nesta segunda vaga, Rascado dixo que "era previsible" con gromos e aumento de número de casos e que o "obxectivo é manter a situación razoablemente contida" para evitar que aumenten os ingresos "tanto nos hospitais como nos coidados intensivos".