CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Félix Rubial: Cribado voluntario no barrio do Couto de Ourense

26/09/2020 - 08:09 h

Desde principios desta semana, os dous centros de saúde do barrio do Couto en Ourense están a realizar un cribado voluntario en busca de asintomáticos.

Nunha entrevista na Radio Galega, o xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial, afirmou que se están a facer unhas "800 ou 900 PCR diarias".

"Estamos buscando, fundamentalmente, en xente moza, en persoas vulnerables e en xente que atende persoas vulnerables (coidadores domésticos) posto que o que intentamos é que, dado a alta idade media da poboación de Ourense, a afectación en xente de maior idade sexa a menor posible", asegurou Rubial.