CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Abordamos a situación das residencias co director do novo departamento de Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo

26/09/2020 - 08:17 h

Abordamos a situación das residencias co director do novo departamento de Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo, que afirmou que en Galicia os casos activos en residencias, actualmente, están nos 300 casos activos.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Acevedo salientou que a situación neste senso é "estable" e que a evolución nas residencias intervidas pola Xunta é "favorable" e estase a estabilizar.

Por outra parte, Acevedo explicou que se realizarán cribados quincenais aos traballadores, arredor duns 15.000, das residencias sociosanitarias tanto públicas como privadas.

"É o camiño que temos que seguir", sostivo.