Galicia por Diante Fin de Semana
Pancho Casal: En Marea decide o seu futuro hoxe coa disolución como alternativa
O grupo político Marea Galeguista decide hoxe o se futuro no seu plenario, isto é, se continúa ou se finalmente se disolve. O candidato nas eleccións de xullo por Marea Galeguista, Pancho Casal, afirma que este é o obxectivo principal do plenario pero que o proxecto político "non desaparece".
"Seguimos na mesma tese política de que Galicia necesita unha forza política galeguista, transversal, moderna e que loite contra as principais emerxencias do país: a ambiental, a social e a feminista", apuntou Casal nunha entrevista na Radio Galega.