Galicia por Diante Fin de Semana
Antón Rodicio lévanos con 'Galicia paraíso' ata A Coruña
Neste Galicia paraíso imos cara á cidade da Coruña e deterémonos nos seus monumentos e lugares máis emblemáticos: a Torre de Hércules, o edificio do Concello e a praza de María Pita, coa estatua da heroína. Tres imaxes que non poden faltar nunha visita á Brigantium romana.